A Denominación de Orixe Ribeiro está situada na Galicia meridional, no bordo noroccidental da provincia de Ourense, nas confluencias dos vales formados polos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. Conta cunha extensión de 2685 hectáreas de viñedo situadas nos municipios de Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada, e parte dos de Boborás, San Amaro, Toén, Carballiño, Ourense.
O viñedo esténdese desde os 75 ata os 400 metros de altitude en vales e ladeiras ás veces de acusada pendente que é salvada por terrazas denominados socalcos ou bocaribeiras que seguen as curvas de nivel.

- Maridaxe: Con mariscos, peixes brancos e tamén gran acompañante de carnes brancas. Ideal con queixos cremosos coma o de Tetilla ou Arzúa-Ulloa, embutidos galegos coma Porco Celta ou os provintes das terras da Cañiza
- Curiosidades: Guía Peñín 2010: 92
- Adega: Adega Viña Meín
- Outras características: Este branco sen crianza está elaborado coas siguintes uvas: Treixadura, Godello, Albariño, Loureira, Torrontés, Lado e Albilla. Cunha gradación de 13º, é recomendable o seu servizo a unha temperatura comprendida entre os 8 e 12 ºC
- Cata: É un viño equilibrado, fresco, seco e de gran expresividade froital e aromática, que evoluciona moi ben en botella, sorprendendo co paso do tempo. É un viño de atractivos e suxerinte aromas florais, un paso de boca meloso e pleno, dotado dun equilibrado e amplo conxunto de sabores que deixan un longuísimo postgusto, elegante e fino que incita irremediablemente a un seguinte sorbo. O viño termina deixando un pracenteiro, exquisito e memorable final de boca