A Denominación de Origen Protexida de Rías Baixas exténdese por un conxunto de zoas de Galicia que teñen unha serie de condicións físicas comúns que identifican e orixinan as características dos seus viños. Trátase de terras baixas, con altitude xeralmente inferior aos 300 metros, próximas ao mar e asociadas aos tramos inferiores dos cursos fluviais, o que condiciona formalmente as características climáticas de influencia Atlántica que se manifestan en temperaturas suaves e precipitacións elevadas e ben repartidas, cun descenso hídrico nos meses de verán.

- Maridaxe: Mariscos; peixes brancos en salsas cremosas, carne branca e aves asadas; peixes azuis ao forno; embutidos afumados como os embutidos do Porco Celta ou un bo queixo San Simón da Costa
- Premios: Mellor imaxen de viño branco español por Vinimag, premios otorgados pola revista "Vinos de España"
- Adega: Adega Mar de Envero
- Outras Características: Este branco con crianza está elaborado cun 100% de uvas Albariño. Graduación de 13º. É recomendable servilo a unha temperatura comprendida entre os 10 e 12 ºC
- Cata: Da cor da palla con irisacións amarelas, limpo e brillante. Presenta unha boa intensidade aromática onde a variedade expresa o seu potencial, aromas a froitas cítricas (pomelo), notas de froitas de croia (albaricoque), e de semente (mazá e pera). No gusto aprécianse notas cítricas, é untuoso, equilibrado e persistente
- Elaboración: A uva debagada e estrullada, pasa por un proceso de maduración en frío co fin de obter unha maior intensidade nos aromas primarios, e marcar así a tipicidade aromática da variedade. O proceso continúa cunha fermentación a baixa temperatura, para poder conseguir unha maior complexidade nos aromas secundarios e remata cunha permanencia sobre as súas lías en depósitos de aceiro inoxidable