A Denominación de Origen Protexida de Rías Baixas exténdese por un conxunto de zoas de Galicia que teñen unha serie de condicións físicas comúns que identifican e orixinan as características dos seus viños. Trátase de terras baixas, con altitude xeralmente inferior aos 300 metros, próximas ao mar e asociadas aos tramos inferiores dos cursos fluviais, o que condiciona formalmente as características climáticas de influencia Atlántica que se manifestan en temperaturas suaves e precipitacións elevadas e ben repartidas, cun descenso hídrico nos meses de verán.

- Maridaxe: Mariscos; peixes brancos en salsas cremosas, carne branca e aves asadas; peixes azuis ao forno; embutidos afumados como os embutidos do Porco Celta ou un bo queixo San Simón da Costa
- Adega: Adega Terras Gauda
- Outras Características: Este branco con crianza está elaborado cun 75% de uvas Albariño e o resto a partes iguais con uvas Caíño e Loureiro brancas. Graduación de 12,5º. É recomendable servilo a unha temperatura entre os 10 e 12ºC
- Cata: Viva cor amarelo palla intensa, moi atractiva. Os agradables aromas de pexego maduro e flor branca, van da man dos recordos de manteiga fundida e as notas afumadas da barrica nova. Na boca resulta un viño larpeiro, elegante e fresco, con sensacións de finas madeiras que alongan, cun suave tanino a súa persistencia conducíndonos a unha retronasal ampla en sensacións de froita madura e tostados
- Elaboración: Despois da maceración e desfangado do mosto, este fermenta en barricas novas de carballo francés e americano seguindo co proceso de crianza sobre lías durante catro meses