A. Sobre a compra e os productos de Galicatessen.com
Está o IVE e as taxas de transporte incluído no prezo?
Todos os prezos dos nosos produtos inclúen IVE. Non entanto, o custo do envío non está incluído no prezo e será engadido ao final do proceso de compra, buscando unha maior transparencia con isto, pois eles dependen do peso total do pedido e do destino.
Cal é a dispoñibilidade dos produtos?
A maioría dos produtos presentados en Galicatessen.com atópanse dispoñibles. Sen embargo, existen produtos que pola súa forma de elaborarse, tradicional e enxebre, teñen unha produción limitada. Neste tipo de produtos será indicado o estado na súa ficha no apartado "Dispoñibilidade", amosando tres tipos: Dispoñibilidade Verde, Dispoñibilidade Amarela e Dispoñibilidade Vermella. A continuación son explicadas cada unha.
Dispoñibilidade Verde (Dispoñibilidade absoluta). Xeralmente, este produto atópase no noso almacén a hora que é mercado por vostede.
Dispoñibilidade Amarela (Dispoñibilidade Media). Son aqueles produtos que debido á súa elaboración natural e fresca non poden ser almacenados de forma convencional por un período de tempo excesivo. É por iso polo que só se enviarán un día específico da semana, a modo que lle cheguen frescos a vostedes, mantendo todas as súas propiedades e nas mellores condicións posibles.
Dispoñibilidade Vermella (Dispoñibilidade limitada). Estes artigos son algúns que, debidos a súa exclusividade, non se producen en grandes cantidades. Tamén son aqueles que poden non estar dispoñibles en todas as épocas do ano. Consecuentemente, non están sempre dispoñibles para Galicatessen.com llos presente.
B. En canto ao transporte, o envío e a entrega
Cal é o custo de transporte?
O custo do envío vai depender do peso final da compra. Tamén depende do destino solicitado polo cliente. As nosas taxas de transporte inclúen o IVE (pinche aquí para ver a táboa de transportes de Galicatessen para o 2010.).
Se fai un pedido grande ou o comparte con amigos ou familiares, os custos de transporte veranse minguados.
Exemplo: Pedido peninsular a Huelva de Albariño Pazo San Mauro. Nas fichas do viño, no apartado "Presentación" poden escoller entre 1, 3, 6 ou 12 botellas. Se só pide unha botella de Pazo San Mauro o prezo da botella co transporte será 17,01 €/ botella; por outro lado, se pide 12 botellas, o prezo por botella vai descender a 12,20 € /botella.
Cómo son enviados os vosos produtos?
Tentamos garantir o mellor servizo aos nosos clientes. Desta maneira, traballamos con empresas transportistas de recoñecido prestixio.
Galicatessen.com, ao igual que nos seus produtos, ofrece un servizo de calidade nos seus envíos. Os artigos irán protexidos en caixas de cartón de gran resistencia. Os viños serán protexidos en botelleiros de polietileno expandido evitando a súa posible rotura.
No caso dos produtos frescos (coma algúns queixos), irán á temperaturas refrixeradas entre 4 e 8 º C. No verán, irán acompañados dunha envase especial de illamento para que o produto chega coas mesmas propiedades que foron adquiridos na fábrica.
Cal é o prazo de entrega?
Transporte en temperatura ambiente. O seu pedido terá un prazo de entrega entre 24 e 48 horas, dependendo da zoa, DENDE que sae dos nosos almacéns para a Península (días laborables). No caso de Baleares e Canarias será de 72 horas nas primeiras illas e de 96 horas nas segundas (días laborables en ámbalas) DENDE que sae o seu pedido dende os almacéns.
Indicámoslle que poderá ver na súa conta particular no noso sitio web o estado do seu produto en todo momento.
Transporte en temperatura refrixerada. Os produtos que son enviados neste tipo de transporte atópanse sinalados na ficha de datos do produto e serán enviados unha vez por semana. Teñen un período entre 48 e 92 horas dependendo do destino.
Cómo será enviada a miña cesta se contén tanto produtos a temperatura ambiente coma temperatura refrixerada?
Apuntámoslle que, se na súa compra vostede solicita tanto produtos que deben ser transportados tanto a temperatura ambiente como refrixerada, TODOS serán enviados a temperatura en frío.
Cal é o horario de entrega de paquetes?
O horario de entrega é de luns a venres dende as 9 ás 19 horas.
Podo especificar un tempo de entrega?
Non será posible aínda que o poderá indicar no momento da compra no apartado de "Comentarios" ou enviando un correo electrónico a pedidos@galicatessen.com indicando súa preferencia.
Nós farémosllo chegar á compañía de transportes, aínda que Galicatessen.com non garante que o tempo de entrega solicitado se cumpra.
Galicatessen.com pon agora a súa disposición un servizo de entrega anterior ás 10 da maña, para que o reciba antes desa hora o pedido solicitado.
Qué acontece se non estou cando me traen o pedido?
Xeralmente, a empresa de transportes deixa un aviso indicando que acudiu a realizar a entrega nun determinado momento. Nese aviso, lles deixarán un teléfono para que contacten con eles para acordar a hora que máis lle conveña.
Recordámoslle que poderá ver na súa conta privada no noso sitio web o estado do seu envío en todo momento.
Para calquera incidencia coa empresa de transportes, por favor póñase en contacto connosco a través do noso correo electrónico pedidos@galicatessen.com para que poidamos resolver a incidencia o antes posible.
Por outra parte, nós suxerimos que, para evitar un eventual atraso na recepción, que sempre haxa alguén no enderezo onde desexa recibir a compra. Con este propósito, suxerimos como postos de envío o domicilio propio, o lugar de traballo, un local aberto ao público ou algún veciño de confianza.
Qué acontece se un produto chegou deteriorado ou non é o que eu solicitei?
Dende Galicatessen.com loitamos para que isto non ocorra nunca. Non entanto, pode que algún produto se deteriore durante o transporte. Tamén é posible que algún produto que vostede solicitou non chegue ou que reciba outro en vez do que solicitara.
Dámoslle dúas opcións nestes casos. Coa primeira, se lle fará chegar os produtos nova e/ou correctamente o máis axiña posible. Coa segunda, se lle reembolsará o importe integro na conta da tarxeta de crédito ou de débito coa que realizou o pagamento. Para ambas, deberá ter en conta as seguintes consideracións.
Para o anterior, deberá contactar connosco nun prazo non superior de SETE días (ver sección de contacto no menú de inicio). Nos deberá explicar claramente a razón do problema e agregar unha fotografía do produto no caso que sufrira algún dano. Dentro dos dous días seguintes, poñerémonos en contacto con vostede. Non aceptaremos ningún troco ou reembolso, se previamente non recibimos notificación previa nese prazo de sete días.
Indicámoslle que Galicatessen.com soportará todos os custos de transporte neste caso.
NOTA: É importante que verifique o estado da súa compra no mesmo instante da recepción e, de observar calquera deterioro presuntamente causadas pola compañía de transportes, o indiquen no albarán de entrega ao asinalo.
Podo devolver un produto se non estou satisfeito?
Si é posible. Deberá seguir o procedemento anteriormente establecido, contactando connosco.
Galicatessen.com lle devolverá o importe íntegro pagado pola cesta, sen contar os custos de transporte, que neste caso van pola súa conta tanto os de ida coma os de volta.
En calquera caso, intentaremos poñernos en contacto con vostede para que nos indique a fonte da seu descontento e, así, buscar unha solución satisfactoria.
Podo cancelar a miña petición?
Se o seu pedido aínda non saíu do noso almacén, poderá ser cancelado nese mesmo instante e o valor da compre será reembolsado na súa totalidade, incluido os custos de transporte.
Se xa fora enviado, e deberá devolver o pedido tal coma o recibiu. Unha vez que este de volta no noso almacén e se constate que os produtos están en nas mesmas condicións nas que foron enviadas, lle reembolsaremos o valor total dos produtos adquiridos na nosa tenda na conta da tarxeta coa que pagou.
O procedemento neste caso é o mesmo que nas declaracións de danos ou insatisfacción. Teña en conta que todos os custos de transporte, tanto a ida como a volta do pedido, corren pola súa conta.
Enviades os vosos produtos ao estranxeiro?
Os produtos de Galicatessen.com poderán ser enviados con total normalidade aos seguintes países da UE: Portugal, Francia, Italia, Mónaco, Holanda, Luxemburgo, Bélxica, Alemaña, Escocia, Gales, Inglaterra, Irlanda do Norte, Austria, Dinamarca, Finlandia, República de Irlanda, Suecia e Grecia.
Para realizar calquera pedido ao resto dos países da UE e / ou países terceiros, deberá enviarnos un correo electrónico a pedidos@galicatessen.com en que nos indique o seu nome, o desexo de enviar un produto fóra das nosas fronteiras, o país de destino e un teléfono de contacto. Canto antes Galicatessen.com porase en contacto con vostede para indicarlle os prezos e condicións de transportes.
NOTA: Non envíamos produtos a temperatura refrixerada ao estranxeiro.
C. Sobre o pagamento e a privacidade
É seguro pagar con tarxeta?
Galicatessen.com lle garante a máxima seguridade e confidencialidade en todas as súas compras.
A información transmitidas pola rede ten unha seguridade total e Galicatessen.com non retén en ningún momento calquera datos confidenciales, co cal non podemos nin arquivalos nin visualizalos.
Cómo son tratados os meus datos persoais?
Galicatessen respecta o seu dereito á privacidade e segue a lei establecida pola Axencia Española de Protección de Datos.
A utilización dos datos é única e exclusivamente destinada a prestar o mellor servizo.
Teña en conta que en todo momento poderá ser capaz de acceder a eles, corrixilos e incluso cancelalos.
Como podo contactar con vós?
A mellor opción é usando o correo electrónico. Isto nos permite ofrecer o mellor servizo de xeito rápido e eficiente.
Todas as cuestións, queixas ou preguntas podense realizar no seguinte enderezo web: info@galicatessen.com.
Se quere poñerse en contacto connosco teñen o seguinte teléfono +34 981 104 464 a súa disposición, no horario de 10 - 20 horas.
Lle lembramos que nos atopamos:
Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
Rúa da República Checa, 40,
15 707 - Santiago de Compostela (A Coruña)