Español    |     English
Ofertas / Novidades
Tipos de produtos

Quén Somos

 

En abril de 2008, sentados nun restaurante en Madrid, un grupo de santiagueses dialogaban sobre o moito que botaban de menos a boa cociña galega e da calidade dos seus produtos cando eles se atopaban lonxe da súa terra; conversan sobre o non sinxelo que lles é acadalos nesa mesma comunidade e en outras tantas do ámbito nacional. Eles pregúntanse: "Non sería bo se houbese un sitio web de calidade que achegase o mellor da nosa terra a calquera lugar? Así xorde Galicatessen.com ...

A nosa empresa naceu como unha solución moderna para atender a crecente demanda de produtos galegos de calidade, tanto a nivel nacional e internacional, especialmente a través dun medio que está revolucionando a distribución como é Internet.

Trata de establecer a Galiza e os seus sinos de identidade como unha marca comercial fóra das nosas fronteiras, aproveitando o bo nome e puxa que teñen e, á súa vez, contribuír a medrar esta excelente reputación.

Galicatessen.com quere ser o referente no sector das delicatessen galegas. Con este obxectivo, a empresa selecciona coidadosamente os seus produtos para ofrecer só aqueles cun nivel óptimo de calidade e prestixio garantido.

Para Galicatessen.com os seus clientes son o máis importantes. Eles son selectos, exclusivos, sabedores do bo desta terra lendaria, e non se conforman co común. En suma, eles saben o que desexan e non queren ser defraudados. Este é o noso propósito de existir

Bo proveito amigos e amigas. A comerse Galiza!


 



Quén Somos   |   Contacta   |   Sellos de Calidad   |   Condicións de Compra   |   Preguntas Frecuentes
Selección Galicatessen S.L.  |  Pol. Costa Vella, Vivero Empresas Cámara Comercio, C/ República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela  |  T.: [34] 981 104 464  |  Mapa Web  |  Aviso Legal  |  Créditos